Acerca de

ORIXE

Nas últimas décadas fóronse conformando grupos de investigación nas universidades galegas interesados en diversos aspectos relacionados coas augas doces. Deste xeito, co obxectivo de promover a colaboración entre estes grupos, xurde a iniciativa de constituír a Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA). A reunión fundacional celebrouse en Vilagarcía de Arousa na Estación de Hidrobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, o 10 de xaneiro de 2009, e contou con representantes da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo.

ESTATUTOS

Os estatutos de constitución de AGAIA en pdf pódense consultar premendo aquí: Estatutos AGAIA

OBXECTIVOS

1) Promover o coñecemento mutuo dos investigadores que estudan as augas continentais de Galicia nos seus diferentes enfoques.

2) Fomentar a conservación e adecuada xestión dos ecosistemas acuáticos continentais.

3) Dar a coñecer os estudos que fagan referencia ás augas non mariñas de Galicia, mediante reunións, actividades divulgativas e publicacións.

4) Promover o desenvolvemento, a difusión e a transferencia do coñecemento ao sector implicado no goberno dos ecosistemas acuáticos continentais

5) Promover, coordinar e facilitar actividades de investigación e intercambios científico-técnicos no campo de estudo das augas continentais.

6) Promover a formación permanente dos profesionais do sector e do profesorado dos diferentes niveis educativos.

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENTE: D. Fernando Cobo Gradín

VICEPRESIDENTE: D. Jorge Dafonte Dafonte

SECRETARIO: Dna. María José Servia García

TESOUREIRO: D. Rufino Vieira Lanero

VOGAL 1 Publicacións:  D. Benedicto Soto González

VOGAL 2 Reunións e workshops: D. Adolfo Cordero Rivera

VOGAL 3 Divulgación e relacións institucionais: D. Horacio García García

Advertisements