AGAIA suscribe o Acordo Social pola auga en defensa dos ríos e pola auga pública

Coincidindo co Día Mundial da Auga, organizacións e entidades da sociedade civil, ás que se sumou AGAIA, presentaron no Congreso o Acordo Social pola auga en defensa dos ríos e pola auga pública.
O Acordo articúlase ao redor de cinco eixos reivindicativos que se contrapoñen ás políticas que propugnan a construción de infraestruturas e transvasamentos inter concas e a mercantilización do recurso a través dos mercados da auga e os procesos de privatización dos servizos de abastecemento e saneamento.
Este amplo conxunto de organizacións e entidades da sociedade civil coinciden en constatar que este é un momento realmente decisivo para recuperar e manter o bo estado de conservación dos ecosistemas acuáticos, e engaden “adaptarnos á realidade que nos impón o cambio climático, reducir a nosa vulnerabilidade fronte aos crecentes riscos de secas e inundacións e garantir un uso sustentable da auga, cunhas demandas adaptadas aos recursos realmente dispoñibles”.

Por outra banda a FNCA (Fundación Nova Cultura da Auga)  celebra en Coimbra  (6-8/09/2018) o X Congreso Ibérico de Xestión e Planeamento da Auga co lema “Fluxos de auga, fluxos de vida”. AGAIA estara presente no mesmo con varios dos seus membros

Máis información:
Congreso

FNCA

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s