Día Mundial da Auga – 22 de marzo de 2018

Dende  AGAIA transmitimos a nosa preocupación pola falta dunha xestión integrada na conservación dos ríos e lagoas de Galicia.

 É de crucial importancia que en Galicia se fomente a divulgación do seu valor patrimonial e dos resultados da investigación científica.

____________________________________________________________________

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018.

Os investigadores galegos relacionados co estudo da auga dende diferentes disciplinas agrúpanse na “Asociación galega de Investigadores da Auga” (AGAIA) que é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 2009 que ten nos seus fins estatutarios, entre outros: “fomentar a conservación e adecuada xestión dos ecosistemas acuáticos continentais e promover o desenvolvemento, a difusión e a transferencia do coñecemento ao sector implicado no goberno dos ecosistemas acuáticos continentais”. Co gallo da celebración o vindeiro mércores, 22 de marzo, do Día Mundial da Auga e dando cumprimento a estes obxectivos quere facer chegar á opinión pública as seguintes reflexións:

  • Os ecosistemas acuáticos son os elementos ambientais que precisan dunha maior atención no espazo europeo e a súa conservación e prioritaria. Así pois, é preciso aceptar que nas medidas de protección da biodiversidade e xeodiversidade, tense que considerar a singularidade histórico-evolutiva e os valores humanos imperantes. Ilo require unha xestión integrada que inclúa un amplo espectro de actividades que afectan non soamente aos aspectos técnico e científico, senón tamén aos aspectos patrimoniais (patrimonio natural, cultural, etnográfico e histórico, tanto material como inmaterial), e á regulación das actividades económicas no ámbito da sustentabilidade.
  • Aínda que unha xestión efectiva depende dunha correcta colaboración entre as institucións, as dificultades en materia de coordinación institucional no relativo a conservación dos ríos galegos son patentes. Neste contexto, AGAIA lamenta que no “Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia” de recente creación non se inclúa ningún representante da súa asociación a pesar de terse feito unha solicitude formal ao respecto que nunca tivo resposta.
  • En relación coa auga as liñas de investigación son comúns á practica totalidade dos países europeos, especialmente aqueles que presentan un número importante de cursos fluviais, e estanse a implementar na maioría dos países desenvolvidos do mundo que presentan problemas na súa protección e conservación. Así e todo, en moi poucos deles concéntrase unha diversidade tan ampla de ecosistemas acuáticos en un espazo xerográfico tan restrinxido como en Galicia, que ademais conta con grupos de investigación de ampla experiencia e tradición científica nos seus respectivos campos. É frecuente que os centros galegos dedicados a investigación sobre a auga doce manteñan unha extensa rede de colaboración internacional con grupos estranxeiros de moi diferente localización e lideren campañas internacionais de mostraxe, centralicen bases de datos ou coordinen proxectos de investigación comúns. Porén é imprescindible o desenvolvemento dunha política que fomente a transmisión do coñecemento científico e a divulgación dos valores e riqueza dos ríos e lagoas de Galicia co fin de favorecer o cambio de percepción sobre os ecosistemas acuáticos e para conseguir sensibilizar á sociedade sobre a necesidade da súa conservación.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s